XXV REUNIÓN ANUAL DA SOCIEDADE GALEGA DA DOR E COIDADOS PALIATIVOS
Carta de Presentación
Estimad@s amig@s:
Un ano máis , reunímonos para participar na XXV Reunión da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos, que nesta ocasión ten un carácter moi especial: cumprimos 25 Anos Xuntos. Esta celebración vai ter lugar en Ourense, ciudade antiga na que xa dende o Século I d.C. atópanse referencias a unha divinidade indíxena, Revve Anabaraego, moradora dos manantiais, que aliviaba ós visitantes mediante as propiedades terapéuticas das debanditas augas. Por iso eliximos como lema da Reunión: “Sumérxete no Tratamento da Dor”.
Nós, como continuadores, non podíamos nada máis que aceptar este importante reto con unha grande ilusión e responsabilidade.
O contido científico inclúe os temas da IASP dos anos 2020 e 2021,“Prevención y Tratamento da Dor Lumbar”
O formato deste ano tan especial constará de dúas xornadas teóricas venres tarde e sábado pola mañá que se realizarán no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén será sede, nunha das súas salas, da exposición “A Dor na Fotografía”, na que poderán concursar tódolos socios da SGADOR e os participantes na Reunión. Para rematar, o sábado á tarde terán lugar os talleres prácticos no edificio novo do Hospital Universitario de Ourense.
Antes de rematar, quero agradecer a desinteresada e imprescindible colaboración de tódolos poñentes, que compartirán con nós os seus coñecementos. Gracias á Diputación de Ourense por cedernos a sede do congreso e do concurso de fotografía. Á SED por permitirnos realizar por primeira vez en Galicia o curso e examen ECOSED e por suposto á industria farmacéutica, xa que sen a súa colaboración non sería viable este evento.
A SAGA ( Sistema de Acreditación Gallego), ven de acreditar esta xornada formativa.
Pasado, presente e futuro reúnense en Ourense o próximo mes de novembro.
“Ven a Ourense ven a SGADOR”
Dra. Luz Cánovas
Xefa de Unidad de Dolor del CHOU