Manual Básico de Técnicas Ecoguiadas no Tratamento da Dor Crónica
Novembro 22, 2016Nova Xunta Directiva da Sociedade
Decembro 12, 2017A idea de escribir este libro, xurde da necesidade non cuberta na ensinanza da dor no ámbito dos médicos residentes.
A falta de tempo na rotación da dolor, que se extende a especialidades tan diversas como anestesia, rehabilitación, atención primaria, traumatología etc, obrigan a diseñar un programa concentrado e congruente, que permita unha visión global da dor, desde a perspectiva dos conceptos máis básicos que un residente precisa para ter unha formación básica e sólida nesta
materia.
A idea que está no corazón desta obra e a de diseñar un programa racional dos conceptos básicos, que calquera residente de cualquera especialidade, debe adquirir pra ter unha visión coherente da temática da dor crónico. Posto en forma simple: “como lle explicaría de forma clara e precisa a un residente os conceptos básicos que deba manexar na dor crónica”.
A obra foi diseñada de tal forma, que se aborda o coñecemento da dor desde unha base fisiolóxica y anatómica, pasando polos aspectos conductuáis y emotivos da dor, para posteriormente abordar a perspectiva clínica dende o punto de vista da valoración clínica e o coñecemento dos grandes síndromes clínicos e os seus diversos contextos, para finalmente aportar
as solucións máis actualizadas no campo da terapéutica.
Tentouse que os capítulos sexan concisos e claros, aportando onde sexa posible tablas e gráficos que favorezan a sua consulta.
Finalmente destacar que dende o principio plantexouse este traballo como unha tarefa colectiva da Sociedade Galega Da Dor e está imbuida do carácter multidisciplinario que é fundamental na abordaxe dos problemas de dor crónica.
Alfonso Carregal Rañó
Coordinador da obra a membro da Sociedade Galega da Dor


