Finais dos 70
A finais da década dos setenta aparecen as primeiras unidades da dor no Estado Español nas cidades de Madrid e Barcelona.
Década dos 80
Dende os inicios da década de los 80 escomezaron a extenderse por outras Comunidades Autónomas de forma moi irregular, entre elas Galicia. A grande maioría dos seus integrantes eran anestesistas, pero tamén neurocirurxáns, psiquiatras y traumatólogos.
Tamén nesta época, se realizan en Galicia unhas Reunións de Anestesia Rexional e Tratamento da Dor en Ourense e en Ferrol, as cales foron un dos pulos para que se cristalizara a creación da SED.
1990
Esto cristalizou na reunión en Madrid, o 20 de maio de 1990 onde se acordou a constitución da Sociedade Española da Dor. Nela tamén se nombrou unha Xunta Directiva, firmouse a Acta Constituinte e acordouse realizar-lo primeiro Congreso da SED en Madrid, en outubro do ano 91.
1991
En ourubro de 1991 celébrase o primeiro Congreso da SED en Toledo (trasladado a Toledo por motivos técnicos). Nel, contouse coa presencia do presidente da IAPS, Jhon Bonica. Tamén se celebrou a primeira asamblea xeral e nela decídese que o Segundo Congreso da SED se celebre en A Coruña no mes de outubro do ano 1993.
19 de maio de 1995
Tra-lo II Congreso Nacional da SED en A Coruña, e despois de distintas reunións con compañeiros da Comunidade Autónoma interesados no Tratamento da Dor, o 19 de maio de 1995, no Colexio Médico de Santiago, fírmase a Acta Fundacional da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos.
15 de dicembro de 1995
O 15 de dicembro de 1995 no Colexio Médico de Santiago fírmase a Acta de Constitución da Sociedade, quedando designada a primeira Xunta Directiva:
- Presidente: Manuel Alberto Camba Rodriguez
- Vicepresidente: Angel Lopez Guerrero
- Secretaria: Carmen Rodriguez Bello
- Tesoureira: Mª Jose Orduña Gonzalez
- Vogal de A Coruña: Mª Cristina Castro Bolaño
- Vogal de Lugo: Rosa Albores Albores
- Vogal de Lugo: Julio Martinez Salgado
- Vogal de Pontevedra: Luis Cruces Prado
1999
Celébrase en Ferrol a I Reunión da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos.
Hasta la actualidad