TEMÁTICA
Haberá tres categorías, cadaunha delas cun premio:
Tratamento Farmacolóxico da Dor Crónica Intensa.
Outros Tratamentos da Dor Crónica Intensa nas Unidades da Dor.
Premio AGARYD ó Mellor Caso Clínico.
OBXECTIVO
A dor crónica intensa en España trátase na súa maioría con AINES (49%) e analxésicos non opioides (13%).
O 64 % dos pacientes informan que os seus analxésicos a veces son INSUFICIENTES para controlar a dor.
PARTICIPANTES
Poderán participar tódoslos profesionáis que traballen no tratamento da Dor Crónica en Galicia, incluidos Residentes (MIR).
EXPOSICIÓN DOS CASOS
Os casos clínicos deberán presentarse en formado de dúas fases:
1) Exposición do caso clínico, con datos da anamnesis, exploración clínica e, eventualmente, probas complementarias, así coma do diagnóstico diferencial.
2) Resolución diagnóstica do caso, prescripción terapéutica e resultado clínico, así como pronóstico.
FORMATO DE PRESENTACIÓN
Deberán presentarse en formado electrónico coas seguintes características:
- Formato PDF
- Extensión que non exceda as dúas páxinas
- Letra tipo Arial, Verdana ou Times New Roman (tamaño 12) cun interlineado de 1,5 líneas
- No caso clínico constará o título do caso, o autor/es e o centro de traballo dos autores
- O caso clínico incluirá referencias bibliográficas.
PREMIOS
Premiarase ó mellor caso clínico en cada tema.Os dous premios están dotados coa asistencia ó congreso da SED 2020 en Bilbao, que incluirá: (Só unha persona por caso clínico).
Inscripción ó congreso da SED de 2020.
Hotel para asistir ó congreso da SED de 2020.
Viaxe ó lugar de celebración do congreso da SED 2020.
Os criterios de valoración dos mesmos serán:
O contido
A relevancia que supoña para a práctica clínica o caso descrito.
XURADO
O Xurado calificador estará formado por:
A Presidenta da SGADOR ou persoa en quen delegue.
Un membro de SGADOR da Sede das Xornadas da SGADOR 2020.
O Responsable Médico de Grünenthal Pharma ou persoa en quen delegue.
DATAS
Recepcionaranse casos ata o día 15 de Outubro de 2020.Os gañadores de cada tema comunicaranse no el transcurso das Xornadas da SGADOR 2019.
FORMULARIO DE PRESENTACIÓN
