A idea de escribir este libro, xurde da necesidade non cuberta na ensinanza da dor no ámbito dos médicos residentes.
A falta de tempo na rotación da dolor, que se extende a especialidades tan diversas como anestesia, rehabilitación, atención primaria, traumatología etc, obrigan a diseñar un programa concentrado e congruente, que permita unha visión global da dor, desde a perspectiva dos conceptos máis básicos que un residente precisa para ter unha formación básica e sólida nesta
materia.
A idea que está no corazón desta obra e a de diseñar un programa racional dos conceptos básicos, que calquera residente de cualquera especialidade, debe adquirir pra ter unha visión coherente da temática da dor crónico. Posto en forma simple: “como lle explicaría de forma clara e precisa a un residente os conceptos básicos que deba manexar na dor crónica”.
A obra foi diseñada de tal forma, que se aborda o coñecemento da dor desde unha base fisiolóxica y anatómica, pasando polos aspectos conductuáis y emotivos da dor, para posteriormente abordar a perspectiva clínica dende o punto de vista da valoración clínica e o coñecemento dos grandes síndromes clínicos e os seus diversos contextos, para finalmente aportar
as solucións máis actualizadas no campo da terapéutica.
Tentouse que os capítulos sexan concisos e claros, aportando onde sexa posible tablas e gráficos que favorezan a sua consulta.
Finalmente destacar que dende o principio plantexouse este traballo como unha tarefa colectiva da Sociedade Galega Da Dor e está imbuida do carácter multidisciplinario que é fundamental na abordaxe dos problemas de dor crónica.
Alfonso Carregal Rañó
Coordinador da obra a membro da Sociedade Galega da Dor