Estimad@s Compañeir@s
Dende a Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos invitámosvos a participar o vindeiro venres 23 de novembro no Eurostars Gran Hotel Santiago de Compostela, no “I Curso de Neuromodulación “organizado por Nevro. A entrada é gratuita para os membros da Sociedade (é necesaria a confirmación).
Ademais, o sábado 24 de novembro realizaranse talleres prácticos de suturas e implantación de estimuladores periféricos. Neste caso, a capacidade é limitada (25 persoas), e será preciso reservar un lugar.
Agradecémosche de antemán a túa asistencia.