Un ano máis, estamos convocados á Reunión Anual da Nosa Sociedade, que nesta ocasión celebraráse en Lugo.
Para nós, ó igual que nas outras dúas ocasións nas que fomos organizadores, supón un atractivo reto e unha gran responsabilidade, que asumimos cargados cunha grande dose de ilusión
Apostamos por un formato sinxelo, nunha xornada única de mañá e tarde, no inmellorable marco do noso hospital, que con seus medios técnicos, instalacións e accesibilidade, aporta un valor a esta Reunión.
O contido científico poiouse naqueles temas nos que a IASP se ven centrando nos anos 2017 e 2018, “Dor despois da cirurxía” e “Formación na Dor”, dando unha tregua o aspecto máis intervencionista da nosa actividade.
A SAGA (Sistema de Acreditación Galego), ven de acreditar esta xornada formativa.
No nome da Sociedade Galega da Dor e da nosa unidade, invitámosche a compartir esta Xornada.
Lugo 2018.
Comité organizador.