XXVI REUNIÓN ANUAL DA SOCIEDADE GALEGA DA DOR E COIDADOS PALIATIVOS
Carta de presentación
Querid@s amig@s:
Un ano máis, convidámosvos a participar na Reunión da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos, que xa superou o limiar dos 25 anos.
A nosa querida Sociedade, unha das máis antigas de España, segue medrando cada ano e convida aos seus socios e a todos os nosos amigos e compañeiros a achegarse nesta ocasión a Santiago de Compostela para compartir o noso traballo e actualizar o noso coñecemento. Santiago de Compostela, que tamén celebra o Ano Santo, dará a benvida e tentará que disfrutedes desta Reunión e a Facultade de Medicina, na que se formaron moitos dos que practican a Medicina da Dor en Galicia, actuará de anfitriona.
O contido científico inclúe os temas aos que o IASP adicou o Ano mundial da dor, "Traducir o coñecemento da dor á práctica" este ano 2022.
O formato deste ano constará de dúas sesións teóricas, venres pola tarde e sábado pola mañá, que se celebrarán no Auditorio da Facultade de Medicina da USC.
Antes de rematar, quero agradecer a todos os relatores a súa colaboración desinteresada e imprescindible, que compartirán connosco os seus coñecementos.
Pasado, presente e futuro reúnense en Santiago de Compostela o vindeiro mes de novembro.
Dr. Pablo López País.
Presidente da SGADOR e do Comité Organizador.





